Hotel Barómetro de Camariñas

Hotel Barómetro de Camariñas

Hotel Barómetro de Camariñas

Bienvenid@s ao Hotel Barómetro

Historia

Historia

Un emblemático hotel cunha historia única en Galicia

¿Sabes porqué somos o Barómetro do Serpent?

O 10 de Novembro de 1890 produciuse no corazón da “Costa da Morte” a gran traxedia do HMS Serpent. Unha traxedia que aínda pervive no imaxinario colectivo das xentes da zona e que contribuíu decisivamente ao bautizo da zona co nome de Costa da Morte (Coast of Death) que foi utilizado por primeira vez polos diarios británicos.

Corría a noite do 10 de novembro de 1980 cando o buque escola da Royal Navy, o HMS Serpent, embarrancó nos baixos de Punta do Boi (Camariñas) no medio dun temporal do suroeste con moi mala visibilidade.

O naufraxio ocorreu cando o Serpent realizaba un tránsito desde a metrópole  á “West África Station”, que comprendía desde Serra Leona ata o Cabo de Boa Esperanza. A súa misión alí sería mostrar o pavillón nunhas costas cobizadas polas potencias europeas.

O buque da Royal Navy partira do porto de Plymouth para relevar ao seu xemelgo Archer, pero a súa travesía se vió truncada polas malas condicións meteorolóxicas, as fortes correntes mariñas e un erro de navegación.

Tristemente, só tres dos 175 tripulantes conseguiron chegar vivos a terra, moi malferidos, aínda que foron capaces de camiñar ata a aldea próxima de Xaviña para pedir auxilio.

Os veciños mobilizáronse desde o día 11 de Novembro para recoller os corpos dos mariños. Recolleron , en total 172 cadáveres, que serían enterrados no “Cemiterio dos Ingleses” feito e consagrado polo párroco de Xaviña “ex professo” para tal efecto.

A Raíña Vitoria e a Mariña Real Británica, agradecidos polo esforzo e a xentileza do pobo de Camariñas no auxilio dos tres sobreviventes e os labores de procura e rescate dos corpos dos demais tripulantes enviaron unha serie de agasallos e unha carta na que agradecían a hospitalidade mostrada polos veciños de Camariñas aos náufragos do HMS Serpent.

Un destes agasallos e que, hoxe en día é unha das pegadas do Serpent en Camariñas, é o barómetro colocado na fachada número 3 da rúa Alcalde Noguera Patiño, mirando ao porto pesqueiro., onde actualmente atópase este emblemático Hotel.

O envío chegou á vila dos encaixes en marzo de 1981 a bordo dun cañonero inglés que arribou á zona en comisión de servizos do consulado británico. Ademais do barómetro, a Raíña Vitoria, regalou aos “Camariñáns” algunhas pagas para os que colaboraron no rescate e enterro dos falecidos; un reloxo de ouro para o alcalde de entón e unha escopeta coa que foi agasallado o cura de Xaviña.

A traxedia do cruceiro británico é “o símbolo dos naufraxios” da Costa da Morte, unha traxedia de lenda que marcou a alma colectiva de toda unha comarca.

Unha historia que marca a dureza das nosas costas pero tamén o esforzo, xentileza e hospitalidade das nosas xentes.